Cala o cu.
Boas noites, eu creia que este tema estaba pechado pola revolta cos outros.
É unha ledicia telo aberto.
Estaría interesante saber cantos Galegos hai en Mediavida e en que zonas estamos máis ben espallados jajaja.
Ostia que bueno. Da costa coma min.
Eu tamén me apunto a escribir con geada e seseo. E faser lansamentos de sacho na horta antes de plantar o sebolo jajajaja.
Saúdossss
fai anos que non falo galego a diario, e teño pequenas dúbidas lendo o fío:
#87 "Que cada un fale coma quera" --> non se di "queira"??
Como vai o tema das normas sobre artigos despois de infinitivos?
Dende que rematei os estudos cambiaron en varias ocasións, pero coido que estiven ao tanto delas e a última da que teño constanza decía que xa non se fan contraccións cos verbos.
(de feito é a que adoito usar desde que lin o cambio)
Quedaría o título: "O fío oficial para practicar o galego"
Segue estando así a normativa?
PD: se sae Xosé Ramón en #1, ten que estar tamén outro grande...
#132 Si, é queira. É un pequeno erro, fruto da miña fala.
#133 Si, tes razón en canto o título, pero eu tamén, pódense usar as dúas formas, se non me equivoco, aínda que os mestres na escola cando se modificou a normativa recomendábannos non usar as contracciós. Estes cambios co uso do guión veñen nas normas ortográficas e morfolóxicas da lingua do ano 2003, e despois desa normativa non houbo máis, é unha lenda moi usada eso de que cambia todos os anos a normativa xD. A primeira foi no 82, no 95 unha pequena correción das normas, e despois a do 2003 e ningunha máis. No medio de todo esto hai publicacións de léxico, pero nada máis.
En canto o guión: Se se usa o alomorfo –lo do artigo tras unha forma verbal ou pronominal rematada en –s ou en –r, únese tamén con guión (cfr. 14.1): tráiovo-lo libro mañá. http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego-O_gui%C3%B3n
é certo eso de que cando te acostumas a falar portugués porque estás alí un tempo despois e difícil falar galego sen interferencias.. supoño que todavía máis para os que non somos galegofalantes habitualmente..
Que foi que foi que será,
din que temos língua
e será verdá e será verdá,
sacalla pra fóra non a agoches máis!
#140 Si te comes uns percebeiros tes un estomago ben grande. (Percebeiro es aquel que coje los Percebes JAJ)