Benvidos MeiaVideiros!
Désueme por abrir esta xanela pra falar no idioma galego e quen queira participar ou aprender ou aportar ou debatir sobre a fala, teña o seu sitio en meiavida.
Échevos un fogar para practicala nosa língua. Pode ser interesante pra que desexen melloralo castelá e dominalo portugués/brasileiro.
Info:
O galego moderno descende do galego-portugués, lingua medieval que evolucionou e deu lugar aos actuais galego e portugués. A lingua galega fálase en Galicia, nos concellos limítrofes dos territorios de Asturias, León, Zamora, en tres concellos estremeños e nas comunidades de galegos emigrantes en Arxentina e Uruguai (máis de tres millóns de emigrantes galegos vivindo naqueles países).
A lingua galega é un romance autónomo para as autoridades lingüísticas oficiais en Galicia, emparentado co portugués, mentres para outros lingüistas aínda hoxe é unha variante co-dialectal do diasistema lingüístico galego-portugués.
A lingua considérase formada arredor do s. IX no que se refire á oralidade, como resultado da asimilación do latín vulgar falado polos conquistadores romanos no s. II dC.
No seu momento foi lingua culta fóra dos reinos de Galicia e Portugal nos reinos veciños de León e Castela. Escribiu en galego, por exemplo, o rei Afonso X o Sabio, as "Cantigas de Santa María". A súa importancia foi tal que se considera a segunda literatura durante a Idade Media, só despois do Occitano.
Recentemente foi achado o documento máis antigo escrito en galego no territorio actual galego que se conserva, o cal data do ano 1228, trátase do Foro do burgo de Castro Caldelas outorgado por Afonso IX en abril do dito ano ao concello de Allariz (Ourense).
O galego-portugués tivo case 700 anos de existencia oficial e plena, pero as derrotas que a nobreza galega sufriu ao tomar partido polos bandos perdedores nas guerras de poder de finais do s. XIV e primeiros do s. XV provoca a asimilación da nobreza galega e a dominación castelá, o que leva consigo unha opresión e unha desaparición pública, oficial, literaria e relixiosa da lingua galega ata finais do s. XIX. Son os chamados Séculos Escuros. O portugués, pola súa banda, gozou durante este período dunha protección e desenvolvemento libre grazas a que Portugal foi o único territorio peninsular que permaneceu alleo ao dominio lingüístico do castelán.
Na actualidade o galego fálano case tres millóns de persoas; é a lingua minorizada con maior comprensión e uso porcentual dentro do Estado Español. É idioma oficial na Nacionalidade Histórica de Galicia (onde o castelán é co-oficial), e tamén se fala na Terra Eo-Navia (Asturias), no Baixo Bierzo (León), nas Portelas (Zamora) e na Serra de Xálima (Cáceres). Así mesmo é a lingua da importante comunidade galega no exterior, espallada por todo o mundo.
Desde o punto de vista reintegracionista, Galicia fala unha lingua que ten 210 millóns de falantes no mundo, coñecida como portugués. Aínda, no chamado galego do continente europeo, deberiamos incluír as falas do norte de Portugal, que conforman un conxunto relativamente unitario de falares no cadro da actual euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.
Cada 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas" dedicado a un escritor nesta lingua (elixido pola Real Academia Galega). O día escollido utilízano os organismos oficiais para potenciaren o uso e o coñecemento da lingua galega.
Non hai normas agás respeito mutuo entra as persoas.
Deica!