#208 Sim nós entendemos - pelos menos eu-, mas se queres participar, faz ou aporta coisas mais elaboradas... Digo eu.
#212 pero que dis meu home? se practicas o galego ainda que fora na escrita o portugués teralo maiado. Son línguas irmás con leves diferencias fonéticas e quizabes maiores gramaticales, pero falandoo non terás maior dificultade que o vocabulario específico de cada zona xeográfica.
Se ti quiser abre o fio, mais a resulta será a súa fusión por seren un único idioma.
¿por onde estás en Portugal?
ed. correccións
#216 Aindo pelo norte do Portugal, em Braga. E todavia mas similar aquim, sao Galegos do sul, falan com o mesmo acento.
#217 Xa que gostas da lectura podes ler a José Maria Eça de Queirós, Saramago, Manuel Rivas ou Suso de Toro e comprobarás o xeito sinxelo, cálido e frutífero cando nos expresamos nesta língua.
Usando a estructura do español i evitando os tempos compostos propios de el terás moito avanzado. Na parte fonética o tempo e adaptación a escoitalo fará o seu necesario traballo.
#222 toda a razón xD
#207
"yo vivo en Galicia pero no soy gallega"
E o di con máis acento do que podo ter eu...
"Yo no soy de izquierdas, por supuesto, soy española, y me gusta hablar el español y que me contesten en español cuando yo lo hablo"
grande!!
Bon, cando di que é de Ferrol xa queda todo claro xDD
Pero en serio vos falades galego?. Porque eu faloo contínuamente e debe de haber anos que non uso o -lo, bon, gostas ...
Mira que me pon dos nervios cando a xente vai usando hipergalegismos solo por ir tocando o carallo e chamando a atención en plan "Ei mirade, falo galego e son alternativo!".
Mención especial para cando os "nazonalistas" poñen Galiza. Ahí si que me entran ganas de pegarlle a alguén.
#226 Si, seguramente escribira este post pensando en xente coma ti. Vigués tiñas que ser.
Eu poño Galiza, porque me gusta leer Panxon é Sanxenxo. Si escribes Galicia e logo nomeas os pobos en galego e como un pouco raro.
É se escribes Sanjenjo ou Panjon, merecela morte jaja
#225 O do guión o poderá usar quen queira ou?...escribir bon, pois depende de donde sexas non? Según a zona dixe bo ou bon. Nadie é máis nacionalista ou máis español por usar ou non usar. Xente coma ti sondes os que creades conflictos protestando porque a xente queira usar o topónimo Galiza en vez do castelanizado Galicia. Cada un que escriba como queira, ambas formas son correctas.
#231 Aí arriba hai anacos en portugués, pero non deberías perderte...Non é nada difícil de entender. É escribir o galego aplicando outras normas ortográficas xD
Son galega de nacemento, pero eu medrei en Andalucía, eu comprendo perfectamente a lingua, pero non sei escribir ou falar, e agora que teño tempo gustaríame aprender, ¿hai algún lugar en liña onde podes estudar os conceptos básicos da linguaxe e vocabulario?
*Curso de língua galega de WikiLibros: http://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega
*Galego con Curso (Programa de V Televisión onde apréndenlle aos espectadores a usa-lo galego correctamente): http://www.vtelevision.es/buscar/program.php?n=Galego%20Concurso&c=1275449707776176588
Curso de e-galego do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) http://e-galego.cesga.es/inicio.htm
Programa Ben Falado da TVG : http://www.crtvg.es/tvg/programas/ben-falado
Curso Galego Practico de La Opinion de Coruña, Concello da Coruña e Xunta de Galicia: http://www.laopinioncoruna.es/estaticos/cursogalego/galego.html
*Manuais de galego da Xunta: http://www.xunta.es/linguagalega/manuais_de_galego
Curso financiado pola UE: http://www.linguanet-worldwide.org/lnetww/gl/home.jsp
A ver se che valen...Igual algún son moi básicos...Se entendes o galego, o millor que podes facer é ver videos da TVG, VTelevisión, TeleMiño e cousas así para ver como fala a xente, e para escribir coa normativa RAG oficial pois lendo as normas que aparecen en #1.
Un saúdo!
-TeleMiño
-Aprender galego
escolle unha
Por certo, acabo de flipar vendo que botaron "Ben Falado" ata mediados de 2011, pensaba que no anterior cambio de Xunta xa o tiñan eliminado.
#236 A verdade e que nunca vin a programación que teñen en TeleMiño, o puxen porque de vez en cando fan algunha entrevista en galego a algún personaxe de interés...Pero bueno sendo do grupo La Región, non esperaba moito tampouco...xD
Para compensar a perda de falantes nativos, un video duns cantos de fóra convertendose en neofalantes. Curioso, o acento algúns o teñen mallado xD. Sorpréndeme que lles ensinen gostar no lugar de gustar non é ropio de Carballo, ou si?
Persoas que chegan a Carballo desde diversos lugares e con diversas nacionalidades manifestan algunhas das súas motivacións para aprenderen galego. Xente que non naceu en Galicia, mais á que lle gusta coñecer os nosos costumes ao mesmo tempo que dá a coñecer os seus. Persoas que queren saber o que é un carballo, o agarimo, o Antroido ou a choiva. Mulleres e homes aos que lles gusta coñecer a lingua e cultura galegas, para saber máis, para integrarse mellor ou para intentar acceder mellor a un traballo aquí. Por iso participan no Obradoiro de integración lingüística e cultural que anualmente organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo. Vídeo feito en decembro de 2012